O meu traballo céntrase nun aspecto concreto
do sistema educativo canadiense, a
avaliación.
Ao longo do mesmo refiro aqueles aspectos da normativa actual que, na miña opinión, poden ser de maior interese
para a súa reflexión, axuda ou inspiración para a súa aplicación posterior .
A información contida neste blogue baséase fundamentalmente na normativa de referencia, na observación da
práctica diaria na aula na Canterbury High School, así coma en certa documentación e bibliografía relacionada.
INTRODUCIÓN
Que o sistema educativo de Canadá goza de moi
boa saúde é o que se desprende das avaliacións a gran escala realizadas ao
longo destes últimos anos. Boa parte do éxito
ten que ver co sistema de avaliación empregado, un sistema
multidireccional cun alto nivel de coordinación no que están implicados
profesores, alumnos, pais, equipos docentes especializados, directores dos
centros e responsables dos diferentes distritos escolares .
No século pasado e todavía na actualidade a avaliación na aula siguen un patrón predecible
no que os profesores ensinan, examinan aos alumnos sobre o seu coñecemento da
materia e fan valoracións sobre os estudantes baseándose no nivel alcanzado nos
diferentes exames. Porén, os
diferentes cambios sociais, económicos, mediambientais e sobre todo
tecnolóxicos poñen en cuestión este modelo, posto que as expectativas sociais
cara a escola xa non son as mesmas.
Segundo se desprende da lei e de moitos
estudos especializados da última década, para que os alumnos de hoxe en día
poidan afrontar os esixentes retos sociais , económicos e tecnolóxicos deben
ser competentes na resolución de problemas, en pensamento crítico complexo e en
eficacia comunicativa. É aquí, neste
contexto cambiante, onde a importancia
da avaliación se revela coma unha potente ferramenta para a mellora da
aprendizaxe dos alumnos e un medio para aumentar a súa motivación.
De feito, a avaliación pode mellorar a
motivación do alumno; facendo fincapé no progreso máis que no fracaso,
proporcionando feedback para que a aprendizaxe avance, reforzando a idea de que
os estudantes teñen control e responsabilidade sobre a súa propia aprendizaxe,
construindo confianza nos estudantes para que poidan asumir riscos e proporcionando
a secuenciación necesaria, para que os estudantes teñan éxito.
Na normativa provincial pódese ler :
“O goberno de Ontario está comprometido con capacitar aos alumnos para que poidan
alcanzar todo o seu potencial e ter éxito. Cada alumno é único e debe ter
oportunidades para alcanzar o éxito según os seus intereses, habilidades e
metas. As expectativas e os standards para obter a graduación son elevados e se
introduce un amplo abanico de opcións que permitan aos estudantes aprender do
xeito que mellor se adapte a o seu modelo de aprendizaxe”.
1.PRINCIPIOS FUNDAMENTAIS
O principal propósito da avaliación é mellorar a aprendizaxe do alumno.
Para asegurar que
este proceso sexa válido e fiable- e que conduce á mellora da aprendizaxe dos
estudantes-, as diferentes prácticas ou procedementos de avaliación deberán:
-ser xustos, transparentes e equitativos para todos os
estudantes;
-apoiar a todos os estudantes, incluidos todos aqueles con
necesidades educativas especiais e todos os que están aprendendo a lingua
vehicular (francés ou inglés) porque proceden doutros países e aos First
Nations, Métis e Inuit;
-estar cuidadosamente planificados e vinculados ao currículo
e aos obxectivos de aprendizaxe, aos intereses, estilos de aprendizaxe,
necesidades e experiencias de todos os estudantes;
-ser comunicados con claridade aos estudantes e aos pais ao
comezo do curso e cando conveña ao longo do ano;
-suministrar un feedback continuo que sexa claro,
específico, significativo e ben temporalizado para a mellora da aprendizaxe;
-desenvolver as destrezas de autoavaliación dos estudantes
capacitándoos para avaliar a súa propia aprendizaxe, establecer metas
específicas e planificar os seguintes pasos para a súa aprendizaxe.
A implementación
desta normativa implica dar resposta a unha realidade diversa (acentuada no caso
de Canadá pola multiculturalidad crecente do seu alumnado, un 20% do cal non ten como primeira lingua o inglés) .
Ademais, para algúns alumnos , a avaliación deberá basearse en expectativas do currículo modificadas (alumnos con necesidades especiais ou alumnos que están aprendendo a lingua de instrucción).
Ademais, para algúns alumnos , a avaliación deberá basearse en expectativas do currículo modificadas (alumnos con necesidades especiais ou alumnos que están aprendendo a lingua de instrucción).
2.ESTRATEXIAS DE
APRENDIZAXE E HÁBITOS DE TRABALLO EN PRIMARIA E SECUNDARIA
As estratexias de aprendizaxe e hábitos de traballo como obxecto de avaliación para todos e cada un dos estudantes -dende o comezo de Elementary ata o último ano de Secondary- constitúen un dos elementos mais singulares do sistema de avaliación canadiense.
Non só os coñecementos que figuran no currículo son avaliados.
As estratexias de aprendizaxe e hábitos de traballo como obxecto de avaliación para todos e cada un dos estudantes -dende o comezo de Elementary ata o último ano de Secondary- constitúen un dos elementos mais singulares do sistema de avaliación canadiense.
Non só os coñecementos que figuran no currículo son avaliados.
Estes avaliaranse
separadamente con respecto ao cumprimento das expectativas curriculares. De
todos os xeitos , podería darse o caso dalgunhas materias en que unhas e
outras estean estreitamente entrelazadas e non se poida evaluar por separado.
Estratexias/
Hábitos
|
Exemplos de comportamentos
|
Responsabilidade
|
O estudante:
-cumple coas responsabilidades e compromisos dentro do seu entorno de
aprendizaxe;
-completa e entrega as tarefas de clase e traballos de acordo aos prazos
establecidos;
-asume resposabilidades e controla o seu propio comportamiento;
|
Organización
|
O estudante:
-idea e segue un plan para completar o seu traballo;
-establece prioridades e xestiona o tempo para completar as tarefas e
alcanzar metas;
-usa apropiadamente o tempo;
|
Traballo independente
|
O estudante:
-independentemente monitoriza, valora e revisa os seus plans para
completar as tarefas e alcanzar as súas metas;
-usa o tempo da clase de xeito apropiado para completar as tarefas;
-segue as instruccións cunha mínima supervisión;
|
Colaboración
|
O estudante:
-acepta roles variados e unha parte equitativa do traballo no grupo;
-responde positivamente ás ideas, opinións, valores e tradicións dos
outros;
-constrúe relacións saudables entre compañeiros a través de interaccións
persoais ou a través de dispositivos electrónicos;
-traballa con outros para resolver conflictos e construir
consensos para alcanzar as metas do
grupo;
-comparte información, recursos e experiencia e promove o pensamento
crítico para solucionar problemas e tomar decisións.
|
Iniciativa
|
O estudante:
-busca e traballa en novas ideas e oportunidades para a aprendizaxe;
-demostra capacidade de innovación e un desexo de asumir riscos;
-amosa curiosidade e interés en aprender;
-achégase ás novas tarefas cunha actitude positiva;
-recoñece e vela apropiadamente polos seus dereitos e os dos demais;
|
Auto-regulación
|
O estudante:
-establece metas individuais e monitoriza o progreso cara o logro das
mesmas;
-busca aclaracións ou apoio/asistencia cando é necesario;
-valora e reflexiona de xeito crítico sobre as propias fortalezas,
necesidades e intereses;
-identifica oportunidades de aprendizaxe e estratexias para alcanzar
os obxectivos e as necesidades persoais ;
-persevera e esfórzase para afrontar os retos.
|
O desenvolvemento deste tipo de destrezas e
hábitos de traballo para que o alumno teña éxito na escola e na vida comeza
cedo na vida escolar dun neno.
A OCDE e recentes estudos sobre esta cuestión
coinciden, nos aspectos máis relevantes.
A modo de exemplo, a OCDE propón tres categorías de competencia:
1-Usar ferramentas
interactivamente
2-Interactuar en grupos
heteroxéneos
Unha relación máis exhaustiva é a que propoñen en Estados Unidos os investigadores Arthur Costa e Bena Kallick que describen 16 Habits of mind (en referencia a cómo comportarse intelixentemente cando se afrontan os problemas). Algúns deles son:
-persistencia: perseverar nunha
tarea cando a súa resolución non é doada
-pensar e comunicar con claridade
e precisión
-manexar a impulsividade
-recabar información a través dos
5 sentidos
-escoitar con comprensión e
empatía
-crear, imaxinar e innovar
-pensar con flexibilidade
-responder con admiración cando
recoñecemos que algo é extraordinario, en outras palabras, recoñecer os méritos
alleos.
-conciencia sobre a propia aprendizaxe ou sobre o propio
proceso de pensamento (metacognition).
-asumir riscos responsables
-plantexar problemas
-aplicar o coñecemento a situacións futuras
-pensar independentemente
-permanecer aberto á aprendizaxe continua.
A función da escola é
promover situacións, dar ferramentas e poñer os medios para construir este tipo
de destrezas e habilidades cruciais para a vida. A escola pretende ser un
ensaio do que logo será a vida adulta dos estudantes, na que terán que poner en
práctica as cualidades de respecto, responsabilidade, honestidade e empatía.
3.OS ESTÁNDARES DE
DESEMPEÑO (Performance standards)
Os estándares de desempeño constitúen o outro pilar do sistema de avaliación. A diferencia dos hábitos de traballo e estratexias de aprendizaxe, atópanse estreitamente vinculados ás expectativas do currículo.
Cando os alumnos se enfrontan a diferentes probas e/ou exames para valorar en qué medida cumpren coas expectativas do currículo son avaliados non só dos coñecementos propiamente ditos senón tamén de pensamento crítico, da comunicación de ideas e da aplicación dos coñecementos en cada materia. Os profesores deberán planificar a súa materia para que a avaliación sexa posible nestes términos.
Os estándares de desempeño constitúen o outro pilar do sistema de avaliación. A diferencia dos hábitos de traballo e estratexias de aprendizaxe, atópanse estreitamente vinculados ás expectativas do currículo.
Cando os alumnos se enfrontan a diferentes probas e/ou exames para valorar en qué medida cumpren coas expectativas do currículo son avaliados non só dos coñecementos propiamente ditos senón tamén de pensamento crítico, da comunicación de ideas e da aplicación dos coñecementos en cada materia. Os profesores deberán planificar a súa materia para que a avaliación sexa posible nestes términos.
Cal é o obxectivo dos
estándares de desempeño?:
· - Suministrar un marco común que englobe todas as
expectativas do currículo para todas as materias ao longo de todos os cursos de
primaria e secundaria (no pasado , os estándares de desempeño
variaban dun profesor a outro e dunha escola a outra o cal foi valorado como
algo inxusto cara aos estudantes).
· -Guiar o desenvolvemento de tarefas e ferramentas
de avaliación (incluindo rúbricas);
· -Axudar aos profesores a planificar a súa labor
de ensino para que ésta propicie unha
aprendizaxe;
· -Poñer a base para que os estudantes reciban un
feedback consistente e significativo;
· -Establecer categorías e criterios cos que
evaluar aos alumnos.
- Os estándares de
desempeño concrétanse na “tabla de logro” (achievement chart) , que identifica
4 categorías de coñecemento e destrezas que son comúns para todas as materias
de primaria e secundaria. Estas categorías representan catro amplias áreas de
coñecemento e destrezas dentro das cales as expectativas para cada materia
poden ser organizadas.
Estas categorías axudan aos profesores a centrarse non só en
que os alumnos adquiran coñecementos, senón tamén no desenvolvemento de habilidades de pensamento crítico e creativo, na comunicación de ideas a través de formas variadas,e na aplicación deses coñecementos facendo conexións entre varios contextos.
A tabla inclúe 4 niveis de logro e o descritor empregado para cada un dos criterios (ex.thinking) ou subcategorías (ex. use of planning
skills) en pensamento, comunicación e aplicación é ÉFICACIA .
Os profesores deberán
proporcionar diferentes oportunidades de aprendizaxe para que os alumnos poidan
demostrar a súa máxima capacidade de logro das expectativas do currículo a
través das catro categorías de coñecemento e habilidades.
Deberán asegurar, ademáis, que a avaliación dos alumnos sexa equilibrada, en relación a esas 4 categorías.
Deberán asegurar, ademáis, que a avaliación dos alumnos sexa equilibrada, en relación a esas 4 categorías.
Hai que deixar claro, de todos os xeitos, que , para todas as materias a importancia
relativa de cada una destas categorías podería variar
. 4.AVALIACIÓN DE PROCESO E AVALIACIÓN SUMATIVA
.
O propósito fundamental da avaliación, según reza a norma, é a mellora da
aprendizaxe.
En liña con esta declaración de intencións, a avaliación de proceso xogará un papel
fundamental. Infírese incluso que un exceso de avaliacións
sumativas, podería interferir negativamente no proceso de aprendizaxe dos
alumnos.
Cales son os principios e os fins que rexen estes dous modelos , cales son os
instrumentos empregados e en qué momentos da aprendizaxe se aplican ?.
A)Avaliación de procesos ou formativa (Assessment for learning and assessment as
learning)
Neste tipo de avaliación os profesores e os alumnos teñen un
protagonismo indiscutible.
Como parte deste tipo de avaliación (assessment for learning), os profesores deben
proporcionar aos alumnos un feedback descriptivo
e coaching para a mellora da
aprendizaxe.
Ademais, os profesores se comprometen axudando aos alumnos a desenvolver a súa capacidade para ser independentes, estudantes autónomos que son capaces de establecer metas individuais, monitorizar o seu propio progreso, determinar próximos pasos e reflexionar sobre a súa aprendizaxe.
Ademais, os profesores se comprometen axudando aos alumnos a desenvolver a súa capacidade para ser independentes, estudantes autónomos que son capaces de establecer metas individuais, monitorizar o seu propio progreso, determinar próximos pasos e reflexionar sobre a súa aprendizaxe.
A información obtense a través de :
observacións formais e informais, debates, conversacións sobre a aprendizaxe, cuestionarios, traballo de casa, tarefas en grupo, demostracións a través de presentacións ou proxectos nos que amosan o aprendido, proxectos, portfolios, interpretacións, autoavaliación e avaliación dos compañeiros (peer-assessment), producción de textos sobre un tema concreto, exames/tests..
observacións formais e informais, debates, conversacións sobre a aprendizaxe, cuestionarios, traballo de casa, tarefas en grupo, demostracións a través de presentacións ou proxectos nos que amosan o aprendido, proxectos, portfolios, interpretacións, autoavaliación e avaliación dos compañeiros (peer-assessment), producción de textos sobre un tema concreto, exames/tests..
Os profesores precisan :
-dun plan de avaliación integrado, sin fisuras, cun plan de
instrucción;
-compartir as metas de aprendizaxe e os criterios de éxito
cos alumnos;
-recabar información sobre o alumno antes, durante e despois
do período de instrucción a través de diferentes medios: observacións formais e
informais, debates, conversacións sobre a aprendizaxe, cuestionarios, traballo
de casa, tarefas en grupo, demostracións a través de presentacións ou proxectos
nos que amosan o aprendido, proxectos, portfolios, interpretación,autoavaliación
e avaliación dos compañeiros , producción de textos sobre un tema concreto, exames/tests…
-empregar a avaliación coma una guía sobre novos pasos a dar
e para axudar aos estudantes a monitorizar o seu progreso;
-analizar as evidencias da aprendizaxe;
-dar e recibir un feedback descriptivo, específico e ben
temporalizado; o obxectivo de proporcionar este feedback é reducir a brecha
entre o nivel de coñecementos e habilidades dos alumnos e os obxectivos de
aprendizaxe. Deste xeito poden saber qué están facendo ben, en qué deben
mellorar e cales son os pasos específicos que deben dar para mellorar;
-axudar aos alumnos a desenvolver habilidades de
autoavaliación planificando oportunidades para este efecto ;
-preparar o andamiaxe (scaffold) para o proceso de
aprendizaxe usando un modelo dunha delegación progresiva de responsabilidades.
Papel dos alumnos:
Os alumnos desenvolverán as súas habilidades de
auto-avaliación (self-assessment) axudados polos profesores que planificarán
múltiples oportunidades para poder
realizalo.
Consecuentemente, os alumnos aprenden a identificar as
accións específicas que deben poñer en marcha para mellorar e planificar os
próximos pasos a dar.
Papel dos directores:
Apoiar o cumplimento destas normas , animando un
desenvolvemento profesional continuo entre o profesorado e promovendo una
cultura de aprendizaxe colaborativa baseada en compartir o coñecemento e nunha
responsabilidade compartida polos resultados.
B)Avaliación sumativa(Assessment
of learning)
En relación con esta cuestión , os alumnos deben ser
coñecedores de certos deberes e responsabilidades:
-Deben coñecer a súa responsabilidade de proporcionar
evidencia- a través de exames e/ou traballos de diferente natureza- da súa
aprendizaxe dentro dos prazos establecidos.
-Deben coñecer as consecuencias de copiar nos exames,
plaxiar, non completar os seus traballos ou entregar tarde as tarefas.
Cada escola elaborará unha normativa para regular toda a
casuística relacionada con esta cuestión
Para evitar este tipo
de conductas indesexadas, unha estreita colaboración entre as diferentes
escolas e comunidades educativas axudará a desenvolver estratexias de
prevención que axuden a comprender aos estudantes a gravidade de tales
conductas así como a importancia de recoñecer o traballo dos outros.
Tamén se
desenvolverán estratexias encaminadas á prevención de tarefas non entregadas ou
entregadas fora dos prazos establecidos .
5.CÓMO SE DETERMINA A NOTA FINAL EN SECUNDARIA ?
Para os grados 9 a 12 , a nota final será distribuida como segue:
-70% : esta parte da nota reflictirá o máis consistente nivel de logro alcanzado ao longo do curso, ainda que especial consideración debería ser concedida ás evidencias de logro máis recentes.
-30% : esta parte da nota deberá basearse na avaliación final que ten lugar cara a final de curso. Esta avaliación final deberá basearse nunha ou na combinación dos seguintes tipos de probas: exame, interpretación, disertación escrita sobre un tema ou outro método adecuado ao contido da materia.
A avaliación final permite ao estudante a oportunidade de demostrar o logro das expectativas xerais da materia.
O crédito nunha materia será concedido sempre que se acade unha porcentaxe igual ou superior ao 50%.
6.INFORMES DOS RESULTADOS DOS ALUMNOS (REPORT CARDS)
Os destinatarios destes informes son os pais ou responsables
legais dos alumnos. Estes son aliados vitais na educación dos nenos.
Segundo se desprende da normativa de 2010, a información recibida polos pais deberá ser clara, significativa e comprensible.
Ademais esta transmisión de información deberá ser regular ao longo de todo o curso.
Segundo se desprende da normativa de 2010, a información recibida polos pais deberá ser clara, significativa e comprensible.
Ademais esta transmisión de información deberá ser regular ao longo de todo o curso.
En Elementary (Grades 1-6), se
entregarán tres informes anuais.
O primeiro deles é un novo informe de progreso.
O 2º e 3º informes son entregados en inverno e cara ao final
de curso (estes tamén foron obxecto dunha revisión en 2010).
O novo informe de progreso:
· -Promove unha comunicación temprana e continua
entre os pais e o profesor
· - Informa sobre cómo o neno está desenvolvendo os
hábitos de traballo e as habilidades de aprendizaxe que son esenciais para o éxito
do alumno.
·
Da información sobre todas as materias , coma o
anterior, pero en lugar de asignar una nota, indica se o neno está
progresando: MOI BEN, BEN OU CON DIFICULTADE.
·
Destaca as fortalezas e as áreas a mellorar
antes de que as avaliacións sexan completadas.
O informe de progreso pretende ser una parte central de
ricas discusións cos estudantes e os seus pais no contexto de proactivas reunións
que axudarán a establecer un tono positivo para o que queda do ano.
Outro dos obxectivos deste informe é poñer en coñecemento das familias cómo se están a desenvolver as habilidades de
aprendizaxe e os hábitos de traballo , así
coma o logro das expectativas do currículo.
Elaborar os informes é unha función importantísima da profesión de ensinante en Canadá.
Elaborar os informes é unha función importantísima da profesión de ensinante en Canadá.
É esencial que esta información sexa válida, xusta e
rexistrada oportunamente.
Resulta obvio dicir que os informes
teñen un impacto importante en pais e alumnos, mais algúns teñen unha repercusión de maior
alcance, pois poden afectar á programación de decisións en Elementary ou a graduación en Secondary.
Ademais, en Secundaria, esta información pode afectar a oportunidades de emprego ou á concesión de becas.
Ademais, en Secundaria, esta información pode afectar a oportunidades de emprego ou á concesión de becas.
En SECONDARY, cales foron os cambios
introducidos nos informes?
-maior énfasis en habilidades de aprendizaxe e hábitos de
traballo
-engádese información sobre os diferentes niveis de logro
así como a súa correspondencia cos
porcentaxes (así é como se expresan as
notas dende grade 7 a 12).
Os alumnos reciben 3 informes ao longo do ano nas non-semestered schools e 2 nas semestered schools.
A diferencia entre unhas e outras é que nas primeiras os alumnos cursan as mesmas asignaturas ao longo de todo o ano, nas semestered schools non.
Ata aquí o meu achegamento ao tema da avaliación como parte do plan de difusión sobre un aspecto da miña experiencia no marco do programa PIALE.










